AFUNDIMENTOS

ventanas-e-paus-rianxo

Devoran hedras ,
varices do tempo querendo morrer,
tatuando as contras de madeira vella.
Elas escoran do marco
rebelándose das bisagras
nunha autodestrución de salitre e chuvia.
Hai fiestras en Rianxo
de contras ausentes
que arrecenden a océano
e a barcos afundidos
que nunca souberon que foran a pique.

Deja un comentario